Afectados Barreiros

Unha agonía de 20 anos

Estes son algúns dos fitos máis relevantes desta longa historia.

Aquí mostramos os distintos momentos xudiciais, as accións levadas a cabo polas familias e quen gobernaba en cada momento.

Cronoloxía do caso

Goberno municipal

Goberno municipal 2001

Goberna o PP

Cronoloxía do caso 2002

Concesión das licenzas

O Concello concede as licenzas municipais das seis vivendas.

Dúas irmás con dúas leiras solicitan en 2002 licenza para seis chalés, que lles son concedidas. Son seis das case 1.000 licenzas solicitadas ante o cambio normativo de 2003.

Pouco despois, seis familias fomos mercando esas leiras con licenza e construímos cada unha a nosa casa. Non a que nos gustaría, senón a que se podía construír segundo a licenza. Cumprimos todos os requisitos legais e obtivemos todas as licenzas (primeira ocupación, Rexistro da Propiedade). Tan legal como a vivenda máis legal que se poida atopar.

Cronoloxía do caso 2007

Inicio do procedemento xudicial

O expediente identifícase como Procedemento Ordinario 248/2007.

Cronoloxía do caso 2014

O TSXG rexeita a suspensión

A sentenza do 30 de abril rexeita apoiar a suspensión nunha simple hipótese de planeamento futuro. A día de hoxe enténdese o motivo: a palabra dun político non vale nada, fan falta feitos (en concreto, a acta de aprobación inicial do PXOM).

Cronoloxía do caso 2018

Reactívase a execución

O TSXG desestima o recurso do Concello contra o auto que ordenaba reactivar a execución e impón 300 euros de custas. O novo goberno intentou que isto se arquivase e esquecese sen facer nada. Que curioso: está facendo o mesmo do que acusaba a oposición. E o PXOM que levaba no seu programa de goberno? Onde está agora ese ánimo para que Barreiros deixe de ser unha «cidade sen lei»?

Cronoloxía do caso 2019

Reunión co novo goberno municipal

Na nosa primeira reunión coa nova alcaldesa, despois de recibir a negativa xudicial a arquivar o problema, advertímola: isto é unha pataca quente e vaiche estoupar a ti, por moito que lle intentes dar carpetazo. Dixéronnos que o obxectivo non era derrubar as nosas vivendas, senón sacar adiante o PXOM, que o levaban no seu programa político. E así se ían dando pasos. Pero os atrasos eran continuos. E alguén que o sabía ben deunos a primeira explicación: «Ningún partido político vai aprobar un plan antes dunhas eleccións, tédeo por seguro».

Goberno municipal 2019

Entra o BNG

Cronoloxía do caso 2022

Auto do Xulgado de Lugo

O auto do 21 de abril sinala a falta de planeamento adaptado e máis de dez anos sen actuación material. O goberno municipal leva cinco anos e non foi capaz de facer nada para ordenar o urbanismo.

Cronoloxía do caso 2024

Sentenza do TSXG

A resolución do 14 de marzo recolle que un novo plan e as licenzas de legalización poderían abrir un suposto de imposibilidade legal.

Trátase da alegación da letrada da Xunta recollida na sentenza. A famosa APLU (Axencia de Protección da Legalidade Urbanística). A parte demandante, nin máis nin menos. Pode estar máis claro?

Cronoloxía do caso 2026

Adaptación pendente do PXOM

En maio o arquitecto redactor entrega toda a documentación. Encárganlle á USC a adecuación da nomenclatura, un traballo menor que pode levar días. Non se volve saber nada. Ninguén chama para preguntar como vai ese traballo. Non hai présa, desde logo.

En canto a USC devolva a documentación, só quedan os informes da secretaria e da alcaldesa municipal.

Cronoloxía do caso 2026

As familias estoupan ante as mentiras do goberno e do partido político

Ata aquí podiamos chegar. Se non o queren legalizar porque politicamente non lles compensa, ten un pase. Pero que intenten dicir que non puideron, que teñen as mans atadas por resolucións xudiciais, ou que intenten desmontar bulos que non existen, iso non o podemos consentir. Polo menos, se non son capaces de ser decentes, que sexan prudentes: que calen. Que non se enfanguen eles mesmos.

Goberno municipal 2026

Eleccións á vista