Entrevista de COPE a César López Abelleira
Entrevista do 17 de xullo de 2026 sobre o impacto familiar, o estado do PXOM e as peticións dos afectados.
Abrir o documento →Seis familias. Seis vivendas.
Sabemos que o PXOM está preparado pero gardado en un caixón polas eleccións. Poñédevos dunha vez a face-lo voso traballo
Somos as seis familias propietarias das vivendas afectadas pola orde de derrubamento. Construímolas e no seu día eran tan legais como a vivenda máis legalizada do país. Unha sentenza dixo que o Concello actuara mal e que nós eramos os prexudicados. Había dúas opcións: arranxalo cun PXOM ou derrubar e indemnizarnos.
Tras 20 anos de loita e co PXOM a piques de saír, esgótasenos o tempo. Foron tan lentos que ao Xulgado se lle acabou a paciencia, que foi moita. Seguro que sabe que a política é moi sucia e, ata que haxa unha aprobación inicial do PXOM, todo queda en auga de borrallas. Déixao ben claro cada vez que dita unha resolución: «Sen PXOM, non hai opción».
Coñece o caso completo →O Concello concede as licenzas municipais das seis vivendas.
O expediente identifícase como Procedemento Ordinario 248/2007.
A sentenza do 30 de abril rexeita apoiar a suspensión nunha simple hipótese de planeamento futuro. A día de hoxe enténdese o motivo: a palabra dun político non vale nada, fan falta feitos (en concreto, a acta de aprobación inicial do PXOM).
Entrevista do 17 de xullo de 2026 sobre o impacto familiar, o estado do PXOM e as peticións dos afectados.
Abrir o documento →Información xornalística publicada o 7 de xullo de 2026 sobre a situación das seis vivendas.
Abrir o documento →Coñece os feitos. Comparte as fontes. Pide respostas.
Participa