Artigo | 17/07/2026

Vinte anos vivindo nunha casa que agora queren derrubar

César López relatou en COPE como vive a súa familia unha orde que afecta á súa vivenda habitual.

Cando se fala de seis vivendas é fácil converter o caso nunha cifra. Para as familias, son as casas nas que desenvolveron a súa vida.

Na entrevista emitida por COPE Ribadeo o 17 de xullo de 2026, César López explicou que a vivenda afectada é a casa dos seus pais e que el tamén vive alí. Os seus pais levan aproximadamente vinte anos residindo nela.

A sensación de ter cumprido

César sostivo que a familia construíu con licenza de obra, obtivo a licenza de primeira ocupación e contratou os servizos da vivenda. As súas vivendas inscribíronse no Rexistro da Propiedade. Isto é, calquera persoa que compra unha casa en España ou un piso pode atoparse co mesmo problema, sexa novo ou de segunda man, e empezar a vivir un auténtico calvario de moi difícil solución. É como unha estafa, pero feita pola Administración ao fin e ao cabo.

Por iso describe a situación con dúas palabras: impotencia e desamparo. Aínda que a familia coñecía o procedemento desde había anos, a proximidade do derrubamento e a súa aparición pública nos medios fixeron que o dano comezase a sentirse cada vez máis punxente.

Conservar a casa segue a ser a prioridade

A lei prevé vías de responsabilidade patrimonial cando se acreditan danos derivados dunha actuación administrativa. As familias anuncian que as utilizarán se se produce o derrubamento, pero insisten en que cobrar dentro de varios anos non substitúe o seu obxectivo actual.

Queren que o Concello remate a fase pendente do PXOM e que se intente ante o Xulgado a vía que aínda podería evitar a perda das casas.